A ANPA Covaterreña sortea agasallos entre os seus socios

A ANPA Covaterreña, tras a situación que se está a vivir pola Covid que impide a celebración de actos multitudinarios no centro, tivo a iniciativa de agradecer a confianza dos seus socios e propuxeron levar a cabo un gran sorteo de agasallos. Ademais, desta maneira colaboran co comercio local, xa que todos os produtos foron comprados en establecementos de Baiona, que tamén aportaron diversos agasallos. Dende a ANPA agradecen a colaboración e xenerosidade dos negocios e a confianza dos seus socios e invítaos a todos eles a seguir o sorteo en directo no Facebook da ANPA, que se vai levar a cabo o martes día 15 de decembro ás 18:30 horas.