Recollida solidaria de contos en Nigrán

Donde viven los cuentos, xunto co Pazo de Cea e Tatarina, convidan as familias a un espectáculo musical para todas as idades da man de Lohengrin Teatro, co seu espectáculo “A mirada das volvoretas”. A continuación e para finalizar, os asistentes poderán gozar dun exquisito chocolate con rosca que encherá de felicidade os seus estómagos. A cambio só piden unha cousa, que doen un libro infantil novo ou seminovo. Todos eles serán entregados aos Servizos Sociais do Concello de Nigrán.

O evento celebrarase o 19 de decembro ás 11:00 horas no Pazo de Cea. Para inscribirse só hai que encher este cuestionario e esperar a confirmación. O aforo é moi limitado, por iso limítase a un adulto por neno. “O ano pasado polo Nadal comezamos esta tradición que esperamos que cada ano fágase máis grande. Este ano, especialmente difícil para moitas familias, queremos regalarlles soños e ilusión a través dos contos”.