Sin categoría

Gondomar abre o prazo de inscrición dos novos cursos de formación

O Concello de Gondomar, a través da súa concellaría de Formación, porá en marcha diversos cursos dirixidos á veciñanza do municipio no primeiro trimestre do ano 2021, concretamente, sobre o manexo da administración electrónica, a reciclaxe da roupa usada e a elaboración de xabóns.

O primeiro curso que se impartirá será o de “E-administración” a cargo dos responsables da tenda local “Netcom”. Os interesados deberán presentar a súa solicitude no Rexistro municipal ata o 18 de decembro, sendo a orde de recepción das inscricións o criterio de acceso o curso, que comezará o día 12 de xaneiro.

Durante un total de 8 horas neste curso básico facilitaranse as ferramentas básicas para un correcto manexo da administración electrónica, formando no seu uso a persoas pouco familiarizadas con estas aplicacións e que queiran realizar os trámites co concello e outras institucións públicas a través de internet.

A listaxe de admitidos publicarase o 21 de decembro no taboleiro do concello e na web municipal. O curso desenvolverase os días 12, 14, 19 e 21 de xaneiro nas aulas do CDL, de 17:00 a 19:00 horas.

Os seguintes cursos serán publicitados no seu momento. Máis información no teléfono 986 384 020.