Festividade de Santa Lucía en Vincios

A parroquia gondomareña de Vincios celebra o sábado 12 e o domingo 13 de decembro a festividade de Santa Lucía. O sábado ás 19:00 horas celebrarase unha misa polos defuntos das Comisións de Festas de Santa Lucía. O domingo haberá misas cada hora desde as 7:00 ata as 11:00 da mañá. Ás 12:00 horas comezará a Misa Solemne (sen procesión), e pola tarde, celebraranse misas cada hora desde as 17:00 ata as 20:00 horas. A Misa Solemne poderase seguir en directo a través da aplicación gratuíta da parroquia, “santa marina de Vincios”, que pódese descargar en PlayStore. O aforo máximo será de 50 persoas dentro do templo. Rógase sigan as indicacións das persoas que estarán a servizo de axudar a todos para que todo salga ben e non xurdan problemas de agrupamento.