Sin categoría

38 usuarios da Residencia Vila do Conde de Gondomar dan negativo nun novo cribado

A Consellería de Sanidade vén de informar que 38 usuarios da Residencia Vila do Conde de Gondomar que deran positivo por coronavirus retíranse do cómputo tras obter un resultado negativo nun novo cribado. Con estes datos, a día de hoxe quedarían 68 maiores e 22 traballadores contaxiados no centro situado na parroquia de Vilaza. Así mesmo, catro usuarias faleceron nos últimos días, de entre 84 e 97 anos, dúas no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo o pasado domingo e outras dúas na propia residencia este mesmo xoves. Todas elas tiñan patoloxías previas. Os datos actualizados este venres arroxan un total de 270 maiores usuarios de residencias e 187 traballadores contaxiados en Galicia. No que respecta aos centros para persoas con discapacidade, hai 3 casos positivos entre os usuarios e 6 traballadores.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.684 deles 1.093 son da área da Coruña, 571 da de Lugo, 383 da de Ourense, 839 da de Pontevedra, 1.401 da área de Vigo, 824 da de Santiago, e 573 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 51 están en UCI, 309 en unidades de hospitalización e 5.324 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 48.748 persoas curadas, rexistrándose 1.293 falecementos. O número de PCR realizadas é de 967.614.No que se refire ao Val Miñor, nos últimos 14 días foron diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) un total de 35 casos en Baiona, 61 en Gondomar e 29 en Nigrán.

Información por concello

Novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días

Restricións por concello