Falecen outras dúas usuarias da Residencia Vila do Conde de Gondomar con Covid-19

Segundo informou a Consellería de Sanidade, dúas usuarias da Residencia Vila do Conde de Gondomar que foran diagnosticadas por coronavirus faleceron este xoves no propio centro. Súmanse ás outras dúas que faleceron o domingo no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Trátase dunha muller de 97 anos e outra de 93, ambas as dúas con patoloxías previas. No día de hoxe faleceron un total de 6 persoas con Covid-19. Ademais das dúas usuarias do centro de maiores de Vilaza, morreron unha muller de 93 e un home de 69 anos no Hula, e outras dúas mulleres, de 89 e 86 anos, no Chop. Tras o falecemento destas catro usuarias, hai 106 maiores afectados na residencia gondomareña, ademais de 22 traballadores contaxiados.