Teatro, danza, humor, cine, música e maxia no Nadal de Gondomar

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Cultura, organiza unha decena de actividades para este Nadal. Haberá teatro, danza, un monólogo, cine, maxia, música… e non faltarán Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos.

O Auditorio Lois Tobío acollerá representacións teatrais e cine, mentres que na Praza Paradela haberá espectáculos de danza, o monólogo de Sergio Pazos, maxia, o concerto dos Grupos de Cámara da Agrupación Musical de Vincios e as visitas de Papá Noel e o Apalpador.

O broche de ouro poñerao a Cabalgata das súas Maxestades os Reis Magos, o 5 de xaneiro, que nesta ocasión será estática na Praza Paradela.