Sin categoría

A delegada da Xunta en Vigo explica aos hostaleiros do Val Miñor as axudas do Plan de Rescate

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, trasladouse ata a sede de Ovalmi, que agrupa aos hostaleiros da zona do Val Miñor, para explicarlles as axudas do Plan de Rescate do Goberno galego. Así, a representante autonómica reuniuse con representantes do sector co obxectivo de axudarlles como potenciais beneficiarios das diferentes liñas abertas. O fixo a iniciativa da voceira do PP de Gondomar, Paula Bouzós, que asistiu ao encontro acompañada dos voceiros do PP de Nigrán, María José Pino, e de Baiona, Ángel Rodal.

Neste sentido, remarcou que Galicia está a ser a Comunidade que máis está a apoiar á hostalería. Segundo dixo, as liñas de axudas xa abertas, enfocadas aos sectores afectados polo peche derivado das normativas de seguridade sanitaria, contan con case 100 millóns de euros. Un plan que, defendeu, contribúe ao mantemento do emprego e da actividade económica de autónomos e micropemes da provincia, apoiando de xeito específico aos establecementos de hostalería.

Un importante esforzo, subliñou, que espera que sexa complementado con apoios doutras administracións. En todo caso, a delegada territorial dixo comprender as dificultades que está a atravesar o sector hostaleiro, ao que agradeceu a súa comprensión e suxestións. Segundo defendeu, tanto o paquete de axudas como o plan de desescalada que explicou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, vai na liña do proposto polo propio sector, cunha apertura progresiva e baseada en datos obxectivos.