Microrrelatos contra a violencia desde o IES Terra de Turonio

O grupo de Igualdade e Diversidade Afectivo-Sexual do IES Terra de Turonio, IDeAS, convocou a semana do 25 de novembro un certame de microrrelatos para conmemorar o Día internacional pola eliminación da violencia de xénero. A participación foi aberta a todo o persoal do centro: alumnado, profesorado e persoal non docente.

Agora difunden o resultado do certame e convidan a ler estes relatos que chaman a nosa atención sobre a necesidade de rematarmos con esta situación. “Facémolo nun día triste para Gondomar, motivo polo que aproveitamos para facer pública a nosa repulsa e a nosa solidariedade cos fillos e a familia da muller asasinada”.

Os relatos poden lerse na seguinte ligazón.