Gondomar decreta tres días de loito oficial e gardará un minuto de silencio

A corporación municipal de Gondomar se concentrará este xoves 3 de decembro ás 12:00 do mediodía na Praza Paradela (ante o Concello), onde se gardará un minuto de silencio en memoria de Soledad Rey Valverde, veciña da parroquia de Mañufe, que foi presuntamente asasinada pola súa parella a pasada tarde. O goberno local decretou tres días de loito oficial e suspende os actos previstos neses días en memoria de Soledad Rey Valverde e, unha vez máis, quere amosar o seu máis rotundo rexeitamento e repulsa á violencia de xénero, que se cobrou no que levamos de ano a vida de 42 mulleres.