Últimos días para inscribirse na campaña de Nadal de Baiona

O Concello de Baiona informa os establecementos interesados en participar na campaña de Nadal que teñen de prazo para inscribirse ata o próximo venres día 27 de novembro.

Os interesados en participar nesta campaña deberán inscribirse entregando a folla de inscrición firmada, xunto coa copia do DNI ou CIF, nas oficinas de ACEBA, presencial ou por correo electrónico.

ACEBA: Rúa Ramón y Cajal, 9 baixo; 36300 Baiona. Tel: 986 35 50 29 | fax: 986 35 74 43. Horario de 9:30 a 13:30 horas. aceba@telefonica.net.