O GES do Val Miñor recolle 320 kilos de alimentos non perecedoiros

O GES do Val Miñor recolleu un total de 320 kilos de alimentos non perecedoiros na súa campaña solidaria desenvolvida o pasado venres e sábado na Praza do Concello de Nigrán. Todos os produtos serán entregados aos Servizos Sociais para o seu reparto entre as familias máis desfavorecidas. Desde o GES do Val Miñor agradecen a todos e todas que fixeron esto posible. “Sen dúbida van axudar a moitas persoas que están pasando momentos difíciles. Mil grazas”.