A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) e Hostalería de Pontevedra convocan este xoves, día 26 de novembro, unha manifestación baixo o lema “Salvemos a hostalería”. Será un percorrido en vehículos polos concellos de Nigrán, Gondomar e Baiona con saída ás 11:00 da mañá desde Porto do Molle. Aseguran que “non somos o virus” e lembran que “todos somos esenciais, hostaleiros, distribuidores, comerciais, lecer nocturno, comercios e clientes”. Rogan levar utensilios para facer ruído (altofalantes, bucinas, megáfonos…).


