Baiona lanza un ciclo de curtametraxes contra a violencia de xénero

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro de Información á Muller e en colaboración con CortoEspaña, organiza un ciclo online de curtametraxes contra a violencia de xénero. Trátase de seis traballos, premiados nacional e internacionalmente, que abordan, desde diferentes perspectivas, a violencia de xénero e as súas maneiras de combatela. As curtametraxes están dispoñibles para o seu visionado online desde hoxe ata o 29 de novembro na páxina web do Concello de Baiona. Concretamente poderase acceder aos mesmos picando na actividade do calendario que ten por título “Corto contra a violencia de xénero”.

Os obxectivos do ciclo son dar visibilidade e sensibilizar á cidadanía contra a violencia de xénero e fomentar a reflexión entre a poboación máis nova das diferentes formas de violencia machista. As curtas integran contidos diversos: o empoderamento, a violencia machista, a igualdade de oportunidades, os estereotipos de xénero. Os títulos dos cortos que poderá visualizar a veciñanza na ligazón da páxina web municipal, baiona.gal, son: “El Orden de las Cosas”, “No aguanto a tus padres”, “Miente”, “Recursos humanos” , “Del azul al rojo”, “Libre directo”.

Ademais dos enlaces facilitouse material didáctico aos centros educativos para que o profesorado traballe a prevención da violencia. Esta actividade está enmarcada dentro do IV Plan de Igualdade do Concello de Baiona.