Detectado un brote con 23 positivos nunha residencia de Gondomar

Segundo informa a Consellería de Sanidade, un traballador e 22 usuarios da Residencia Vila do Conde, situada na parroquia gondomareña de Vilaza, deron positivo en coronavirus. Os datos actualizados este sábado arroxan un total de 484 maiores usuarios de residencias e 241 traballadores contaxiados en Galicia. No que respecta aos centros para persoas con discapacidade, hai 37 casos positivos entre os usuarios e 9 traballadores.

A Dirección Xeral de Saúde Pública informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.978 deles 1.854 son da área da Coruña, 1.139 da de Lugo, 689 da de Ourense, 1.242 da de Pontevedra, 2.388 da área de Vigo, 1.005 da de Santiago, e 661 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 96 están en UCI, 438 en unidades de hospitalización e 8.444 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 38.587 persoas curadas, rexistrándose 1.132 falecementos. O número de PCR realizadas é de 840.867.

Desde hoxe, o Sergas abandona o mapa de cores e informa do número de novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días en cada concello. Así, en Baiona foron un total de 16, en Gondomar 33 e en Nigrán 44.

Información por concello

Novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días