María Cobas, nova directora de Recursos Humanos da Área Sanitaria de Vigo

María Cobas Brey é a nova directora de Recursos Humanos da Área Sanitaria de Vigo. O seu nomeamento vén de ser publicado no Diario Oficial de Galicia. Cobas Brey ocupa o posto que deixou vacante Ana Comesaña cando foi nomeada directora xeral de Recursos Humanos do Sergas.

Licenciada en Dereito, na súa formación conta tamén con varios másters en dirección de empresas e en dirección sanitaria. Pasou por distintos postos de responsabilidade en Xestión, Recursos Económicos e Recursos Humanos en Pontevedra e en Ourense ata chegar a Vigo, coincidindo coa reorganización da área e pouco despois da apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Ata o de agora, María Cobas desempeñaba a dirección de RR.HH. da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, cargo no que permaneceu durante os últimos catro anos. Con anterioridade ocupou durante un ano o posto de subdirectora de Recursos Humanos na antiga EOXI de Vigo, polo ten gran experiencia neste ámbito.