Baiona renova o colector principal da rúa “O Rego Durán”

A renovación do colector principal da rúa “O Rego Durán”, no Burgo, arranxa un problema de filtracións que viñan padecendo os veciños do lugar. O Concello de Baiona encargou as obras á empresa concesionaria Gestagua, que renovou por completo o colector principal. Procedeuse á substitución da tubaxe de formigón existente nese tramo por unha nova tubaxe de PVC. O Concello fixo un investimento de 5.063,41 euros. Unha renovación necesaria, xa que a rede “era antiga e producía filtracións en vivendas da rúa e no propio pavimento da vía”, apunta o concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez.