Nigrán volve situarse en alerta vermella

Segundo os datos publicados este luns pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Nigrán volve situarse en nivel de alerta 3, tras permanecer en alerta laranxa no día de onte. Segundo o semáforo de cores que utiliza a Xunta, o municipio está en cor vermella, o que significa que nos últimos 7 días foron confirmados por PCR máis de 21 casos. Gondomar está desde este domingo en nivel de alerta 0, con menos de 7 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días. Baiona continúa en alerta amarela, con entre 7 e 14 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días.

Novos casos confirmados por PCR nos últimos 7 días

Novos casos confirmados por PCR nos últimos 14 días