Responsables de Povisa visitan Gondomar

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, xunto á concelleira de Sanidade, Nuria Lameiro, recibiron esta semana ao director asistencial de Povisa, Rafael Cabadas, e o seu xerente, José David Zafrilla. No encontro explicáronlles como se está a coordinar a atención sanitaria no centro -de referencia para un importante número de veciños do municipio- en relación coa Covid-19, así como os proxectos que se van a desenvolver nun futuro para crear novas áreas para garantir o mellor servizo para os pacientes. Ambos amosaron a súa disposición de colaborar co Concello na medida que sexa necesaria, así como atender as demandas ou suxestións que se lles faga chegar.