Gondomar destinará o 50% do gasto da iluminación de Nadal a emerxencia social

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, anunciou este sábado que o Concello reducirá este ano o gasto da iluminación de Nadal ao 50% para destinar a parte restante a familias vulnerables e emerxencia social. O rexedor comunicou a decisión do goberno local a través da súa páxina de Facebook.