Denuncian ao condutor dun camión que transportaba un vehículo sobresaíndo a carga

Ás 12:55 horas do pasado venres, unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Vilaboa, detectou un vehículo camión-caixa, circulando pola nacional N-550, termo de Vilaboa, transportando unha furgoneta que sobresaía pola súa banda posterior.

O vehículo ía sen ningún tipo de suxección que poida evitar risco para a circulación, ante unha posible caída da carga transportada.

O condutor, veciño da localidade de Poio, tamén foi denunciado por ter tanto o permiso de condución, como a ITV do vehículo caducados.

As tres infraccións son consideradas como infraccións graves, o que supón unha sanción de 200 € para cada unha delas.