Sin categoría

O PP de Gondomar denuncia que a Policía Local está baixo mínimos

O Partido Popular de Gondomar critica a falta de efectivos da Policía Local de Gondomar que nestes momentos atópase co ratio mais baixo na democracia no municipio. A súa voceira, Paula Bouzós, culpa ao alcalde, Francisco Ferreira, do desmantelamento do corpo da Policía Local, que nestes momentos só dispón de dous policías e catro auxiliares para atender unha poboación de mais de 14.000 veciños, ademais de estar sen Xefe de Policía despois de que o seu titular se atope prestando servizo fóra do Concello de Gondomar. A Federación Española de Municipios recomenda unha ratio de 1 policía por cada 677 habitantes e a Unión Europea 1,8 policías locais por cada 1.000.

Actualmente o persoal consta de seis efectivos policiais, dos cales tres están de baixa, e un en comisión de servizo noutro concello. A falta de efectivos na Policía Local fai que haxa quendas que non se cubran como sucedeu algunha fin de semana ou que se cubran outros con auxiliares, sendo consciente de que os mesmos non contan con todas as competencias que ten a Policía Local, ou a base de horas extra, ademais de non contar con servizo nocturno.

Este feito xa vén arrastrado de anos atrás, “dende que está gobernando Francisco Ferreira”, asegura Paula Bouzós. “Cando chegou á alcaldía a Policía local contaba con once efectivos, (7 policías, 1 oficial y 3 auxiliares), encontrándose vacantes a maiores dúas prazas de policía y unha de Inspector”. Recordan o xa denunciado o ano pasado cando dous policías que estiveron en comisión de servizo entre os anos 2017 e 2018 e que poderían seguir un ano máis, volveron aos seus respectivos concellos, motivado polas desavenencias co actual Xefe da Policía, Obdulio Iglesias Otero, nomeado polo alcalde Francisco Ferreira para “darlle un revulsivo á Policía e transformala segundo os plans que teño”, segundo as manifestacións do propio rexedor.

En declaracións feitas polo alcalde socialista no ano 2015 na inauguración das novas instalacións da policía, Francisco Ferreira fixo referencia a que levaba unha camisa azul “porque sinte as cores do corpo”. Así mesmo, asegurou que o persoal encontrábase mermado e o obxectivo era “crear un corpo forte que atenda as demandas veciñais propias dun municipio próximo aos 15.000 habitantes”, tendo intención de incluír no presuposto de 2016 dúas novas prazas de policías y unha de oficial “e ir incrementando progresivamente o persoal ata chegar a 15 axentes, que é o que lle corresponde a Gondomar por ratio de poboación”.

“A seguridade cidadán debe ser sempre un asunto de máxima importancia, e o alcalde o debería saber, toda vez que foi no pasado xefe deste mesmo corpo policial. Atopámonos agora nun momento no que a vixilancia policial para que se respecten as medidas sanitarias fronte ao Covid son de vital importancia e no noso concello non se está facendo por falta de efectivos”, remata dicindo a voceira do PP de Gondomar.