O Club Deportivo BaiArco, cuxa actividade é a iniciación e difusión da práctica do tiro con arco, sen ánimo de lucro, ofrece unha actividade de iniciación e adestramento no IES Primeiro de Marzo de Baiona (instalacións cubertas e aireadas), que se desenvolverá os mércores de 20:00 a 22:00 horas, os venres de 18:00 a 20:00 horas e os domingos de 11:00 a 13:00 horas.
As inscricións poden formalizarse mediante solicitude por correo electrónico a baiarco@outlook.es, indicando os detalles necesarios, ou como primeiro contacto mediante chamada ao teléfono 635 357 789 en horario de 9:00 a 23:00 horas. De non responder á chamada de forma inmediata, procederase a devolvela ao número rexistrado en chamadas perdidas. As cotas serán en réxime de socio segundo cotas establecidas. As prazas son limitadas.

