Baiona retrocede a nivel de alerta laranxa e Gondomar a amarela

Segundo os datos publicados este sábado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Baiona retrocede a nivel de alerta 2, tras permanecer en alerta vermella desde o pasado 30 de outubro. Segundo o semáforo de cores que utiliza a Xunta, nos últimos 7 días foron confirmados por PCR entre 14 e 21 casos. Gondomar tamén retrocede, neste caso a nivel de alerta 1, despois dunha semana en alerta laranxa, con entre 7 e 14 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días. Nigrán é o único concello do Val Miñor que persiste en alerta vermella, con máis de 21 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días.

Novo positivo nunha residencia de Nigrán

Segundo informou a Consellería de Sanidade este venres, un traballador do Fogar Residencial Bo Día de Nigrán deu positivo en coronavirus Covid-19, sumándose así ao traballador da Residencia Bellavista Care da parroquia de Priegue que se incluíu no cómputo do Sergas o pasado 30 de outubro. Os datos actualizados este sábado arroxan un total de 441 maiores usuarios de residencias e 265 traballadores contaxiados en Galicia. No que respecta aos centros para persoas con discapacidade, hai 30 casos positivos entre os usuarios e 23 entre os traballadores.

Novos casos confirmados por PCR nos últimos 7 días

Novos casos confirmados por PCR nos últimos 14 días