Todo o Val Miñor, en alerta vermella

Segundo os datos publicados este luns pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, todo o Val Miñor está por primeira vez en nivel de alerta 3. Os tres municipios que conforman a comarca, Baiona, Gondomar e Nigrán, atópanse en alerta vermella segundo o semáforo de cores que utiliza a Xunta de Galicia, o que significa que nos últimos 7 días foron confirmados por PCR máis de 21 casos en cada unha das localidades.

Na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.292 deles 1.575 son da área da Coruña, 983 da de Lugo, 1.299 da de Ourense, 1.049 da de Pontevedra, 2.072 da área de Vigo, 1.360 da de Santiago, e 954 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 77 están en UCI, 446 en unidades de hospitalización e 8.769 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 27.752 persoas curadas, rexistrándose 923 falecementos. O número de PCR realizadas é de 700.353.

Novos casos confirmados por PCR nos últimos 7 días

Novos casos confirmados por PCR nos últimos 14 días