A colaboración entre a administración pública e o sector privado, pensando nas persoas con máis necesidades neste momento, volveuse a concretar en Gondomar nesta ocasión da man da oficina de Caixabank neste municipio, que doará 8.000 euros para adquisición de alimentos de primeira necesidade que, mensualmente a través da Concellería de Benestar Social, fanse chegar á veciñanza con problemas económicos. O alcalde, Paco Ferreira, mais a concelleira Nuria Lameiro, agradeceron hoxe a achega ao director de Caixabank en Gondomar, Alberto Sorribes, e á súa directora de Área de Negocio Pontevedra Sur, Elena Rodríguez.
Artículos relacionados
Camos celebra a festividade de Santa Baia
A parroquia nigranesa de Camos celebra o domingo 10 de decembro a festividade da súa patroa, Santa Baia. Ás 12:00 do mediodía terá lugar unha Misa Solemne seguida de procesión na Igrexa Parroquial, presidida polo […]
Nigrán ofrece un concerto e unha masterclass a cargo do pianista de jazz internacional Jean-Michel Pilc
O Concello de Nigrán reforza a súa ligazón co jazz ofrecendo o sábado 27 de novembro un concerto do pianista internacional Jean-Michel Pilc e unha master-class. O músico e educador francés afincado en Canadá tocou […]
Baiona pecha a tempada ao 95 por cento en agosto
Baiona despediu a tempada alta co seu día dedicado ao turista, unha xornada composta por unha decena de actividades para todas as idades e que deu o seu pistoletazo de saída á primeira hora da […]