Nigrán ilumínase de laranxa polo día dedicado ao Trastorno por Déficit de Atención

O Concello de Nigrán iluminouse esta noite de laranxa polo día dedicado ao TDAH (Trastorno por Déficit de Atención) co obxectivo de visibilizar este trastorno e mostrar a súa solidariedade cos afectados e as súas familias.

O TDH é un trastorno neurobiolóxico de carácter crónico, sintomáticamente evolutivo e de transmisión xenética, en moitos casos. Afecta a un 5-7% da poboación infantil, en idade escolar, chegando incluso á idade adulta, en aproximadamente un 60% dos casos. A iniciativa foi pedida ao Concello por ANHIDA, a primeira asociación nacida ao respecto en Galicia (2004) con sede en Vigo e fundada por un grupo de pais con fillos afectados por TDAH para defender os seus dereitos, darlles atención especializada e mellorar a súa integración social.