Gondomar cancela o programa “Cultura de Outono”

Ante as novas recomendacións emitidas polo Comité Clínico do SERGAS, que decretou o nivel 2 en toda a comunidade desde a media noite do xoves, e o continuo incremento de contaxios en todo o país, o Concello de Gondomar suspende os actos programados no seu programa “Cultura de Outono”. Gondomar aposta pola prevención e apela á responsabilidade social como ferramentas básicas para frear o incremento de casos e frear a curva que está rexistrando un sentido ascendente nos últimos días.