Suspendida a presentación da exposición “Corpos, Feminismo e Territorio” en Baiona

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona informa da suspensión da presentación da exposición fotográfica “Corpos, Feminismo e Territorio”, prevista para mañá, 24 de outubro, ás 19:30 horas no Hall do Concello. As persoas interesadas en coñecer a exposición poderán facelo a partir da vindeira semana no Hall do edificio municipal, lugar onde se expoñerán as fotografías.