Baiona reduce o número de postos no mercado de Sabarís

FOTO: PABLO F. ESTÉVEZ // Mercado de Sabarís.

O Concello de Baiona acorda medidas de prevención no mercado semanal dos luns de Sabarís, coa redución do número de postos, en virtude das medidas de restrición adoptadas pola Consellería de Sanidade fronte ao COVID-19 sobre as actividades ao aire libre.

Así, a Concellería de Comercio e Mercado dirixida por Víctor Muñoz acordou que o vindeiro luns, 26 de outubro, instálense na feira os postos con número impar. O seguinte luns, 2 de novembro, será a quenda dos pares, producíndose deste xeito a rotación entre feirantes cada luns ata próxima comunicación en función da evolución do COVID-19. Poderán acudir ao mercado todos os luns, independentemente do seu número, os postos de venda de produtos agroalimentarios como se recolle na normativa.

Con esta medida o Concello de Baiona cumpre coa normativa marcada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.