Obradoiro de podcast con técnicas de teatro e dobraxe na Biblioteca de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Este mércores, 7 de outubro, o Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona acollerá un obradoiro de podcast con técnicas de teatro e dobraxe. Hai dispoñibles 20 prazas para nenos e nenas a partir de 8 anos. A actividade terá unha duración de dúas horas. Os interesados en participar deberán inscribirse previamente no teléfono 986 35 59 43 ou na biblioteca. Aínda quedan prazas dispoñibles para participar na actividade.