
O Concello de Gondomar vén de outorgar senllas subvencións ao Cereixa Gondomar Fútbol Sala e ao Gondomar Fútbol Base. O primeiro recibirá 1.800 euros, así como a cesión das instalacións municipais do Pavillón Bernabé Costas para a práctica deportiva, mentres que o segundo recibirá 7.000 euros e a cesión das instalacións municipais do campo de fútbol de As Cercas.