O baionés Omar Rodríguez, concentrado coa selección nacional de Loitas Olímpicas

Finalmente catro deportistas galegos viaxaron coa selección nacional júnior e U23 para concentrarse no Centro de Alto Rendemento de Sierra Nevada, do 30 de setembro ao 4 de outubro. Esta primeira concentración para o grupo de deportistas da modalidade de Libre Olímpica ten un marcado carácter restritivo pola crise sanitaria da COVID19.

Agora, todos os deportistas que participan neste tipo de actividades teñen que presentar un test NEGATIVO en COVID19 antes de participar. A seguridade é fundamental. Dende a Federación Galega, a Federación Española e a propia dirección do CAR de Sierra Nevada levan un exhaustivo control antes, durante e despois da actividade.

Os integrantes da selección que viaxaron a Sierra Nevada son os júniors Santiago Sánchez (Club Keltoi de Vila de Cruces), Rafaél Álvarez (Club San Ignacio de Vigo) e Omar Rodríguez (Club Sabarís de Baiona). Pablo Pintos Figueroa, viaxa como seleccionador nacional U23 da modalidade de Libre Olímpica para dirixir parte da concentración nacional. O principal obxectivo “é normalizar a volta o tapiz, de un xeito seguro, e poñendo todas as medidas posibles de seguridade e control”.

Tras o éxito da concentración nacional feminina da pasada semana na mesma instalación agora é a quenda dos deportistas de Libre Olímpica. Agardemos que sexa un punto de inflexión na aposta polo “deporte seguro”.