Axente de Policía Local en Nigrán e escritor novel

O Auditorio Municipal de Nigrán acolleu este mércores a presentación da novela “El Secreto dos Almendros” de Adolfo Suárez Piñeiro, policía local do municipio e escritor novel. Trátase dunha historia de amor entrelazada cunha trama policíaca que ten moito de autobiográfica. A novela forxouse en base a vivencias propias e imaxinación. Adolfo teceu un relato de ficción que deixa ao aire pinceladas da súa traxectoria profesional de 26 anos e dá renda solta ao soñador que leva dentro.

A través dos ollos de Marco, un neno namoradizo e soñador, volveremos revivir aqueles momentos da nosa infancia que xa criamos esquecidos. Grazas ao seu esforzo e tesón, Marco conseguirá cumprir o seu soño, ser policía. Unha ilusión que anhelaba desde que era neno, alimentada polas historias que lle contaba o seu pai cando regresaba a casa de cada un das súas viaxes.

As súas dúas paixóns, o atletismo e o taekwondo, forxaranlle como persoa entregada e constante, axudándolle a descubrir o significado do sacrifico e a perseveranza, valores tan necesarios para conseguir cada un dos seus logros.

“El Secreto de los Almendros” é unha novela romántica na que se pon de manifesto o esforzo necesario para alcanzar as metas, as actuacións policiais e os riscos que conleva esa profesión; pero sobre todo, deixa ao descuberto a parte máis humana, sentimental e familiar que existe detrás dun uniforme de policía.

A vida do protagonista está intimamente relacionada coa do autor e en ocasións as historias dun e outro se mesturan, ata o punto de non distinguirse a realidade da ficción.

Adolfo Suárez Piñeiro naceu o 22 de marzo de 1974, oficial de Policía Local. Diplomado en Criminoloxía, Ciencias Policiais e Seguridade Pública, pai de dous fillos e escritor novel que logra un dos seus soños coa publicación desta novela.