Os Premios Nigrán recoñecerán o compromiso de persoas, empresas ou colectivos na loita contra o Covid-19

O Pleno do Concello de Nigrán aprobou por unanimidade que a IX Edición dos Premios Nigrán se dedique a recoñecer publicamente as iniciativas solidarias contra o Covid-19 no municipio para retomar xa no 2021 o formato habitual coas propostas que xa presentaran en xaneiro a A.V. Camoesa, A.V. Monteferro, Partido Socialista, Racing Vilariño, Fútbol Sala Panxón-Nigrán e OVALMI. Así, o goberno local propuxo celebrar a gala neste mes de outubro e, se é posible, ao aire libre por seguridade sanitaria. As categorías premiadas quedan, polo tanto, así: SOCIAL (Persoal Axuda Domicilio e Traballadores Residencias de Maiores de Nigrán), SANITARIO (Persoal Sanitario de Nigrán), EMPRESARIAL (Pequeno comercio – Caixeiras de Supermercados), COMPROMISO (Persoal de Cespa e Aqualia, Policía Local, Garda Civil e Protección Civil), EDUCATIVO (Plataforma Solidaria Didáctica Val Miñor-Voluntarias Colexios), SOLIDARIEDADE (Empresas e persoas doadoras de alimentos e EPIS, incluíndo persoas que elaboraron máscaras artesanais), PREMIO ESPECIAL (Infancia e maiores de Nigrán).