Festa de San Miguel en Peitieiros

A parroquia gondomareña de Peitieiros celebra este martes día 29 de setembro a festa na honra de San Miguel. Ás 11:00 da mañá sairá desde o Barrio de Piñeiro o carro cos produtos do campo tirado por unha parella de bois con destino ao adro da igrexa. Ás 12:30 do mediodía celebrarase a Misa Solemne seguida de procesión acompañada polo carro dos froitos e a Charanga Va K Pinta, que amenizará a sesión vermú. Ás 17:00 horas comezarán as tradicionais “poxas” de San Miguel, a cargo de Carlos Riveiro, e pola noite, ás 21:00 horas, actuará o grupo D’Líder.