O Baíña Fútbol Sala reúnese cos pais e nais das categorías base

Este sábado no Auditorio V Centenario de Baiona o club Baíña Fútbol Sala mantivo a reunión cos pais e nais das categorías de base. Organizada por categorías e con estritas medidas de seguridade, o club informou que unha vez iniciado o colexio e co obxectivo de seguir coa formación deportiva, o club comezará os adestramentos segundo o protocolo marcado sen contacto e con distancia de seguridade entre os nenos.

É totalmente voluntario xa que o inicio da competición aínda non ten data. O prazo para apuntarse ábrese o luns e a partir do 5 de outubro arrancan as sesións. O club tamén está a tratar de seguir co seu parte social e prepara diversas actividades ao aire libre para seguir fomentando o espírito de amizade e solidariedade entre os xogadores do club.

Pola súa banda o equipo de terceira nacional está á espera das noticias que a federación vaia transmitindo sobre a posibilidade de comezar ou non a competición.