Sergio Fernández e Iván Rouco, dos clubs de Camos e Parada, subcampións de España de bolo celta

FOTO: FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS // Os catro finalistas de primeira categoría.

Esta fin de semana xogáronse en Camos-Nigrán os Campionatos de España de bolo celta individual de primeira e segunda categoría. Participaron un total de 24 xogadores das comunidades de Asturias, Galicia e Madrid. Os resultados finais. foron os seguintes:

PRIMEIRA CATEGORÍA

Campión de España: Manuel González Menéndez (Lu) do club de bolos L’Acabose de Tineo-Asturias.
Subcampión: Sergio Fernández Da Rocha de bolos Camos-Nigrán.
Terceiro: Inocencio Valverde González de bolos Xunqueira-Gondomar.
Cuarto: Diego Pérez Diego de bolos Sobreiro-Gondomar.

SEGUNDA CATEGORÍA

Campión de España: Jairo Castaño García de bolos Los Dorados de Tineo-Asturias.
Subcampión: Iván Rouco Iglesias de bolos Santiago de Parada-Nigrán.
Terceiro: Pablo Rodríguez Bas de bolos Mañufe-Gondomar.
Cuarto: Guillermo Rouco Amorín de bolos Santiago de Parada-Nigrán.