Controlados dous conatos de incendio forestal en Morgadáns e Donas

FOTO: CARLOS RODRÍGUEZ // Incendio en Donas.

Esta mañá declaráronse senllos incendios forestais nas parroquias de Morgadáns e Donas, en Gondomar. A primeira alerta saltou ás 10:29 en Prado. As chamas déronse por controladas ás 11:54, afectando a unha superficie de 0,61 hectáreas de monte raso. Na súa extinción participaron 1 axente, 4 brigadas, 4 motobombas e 1 helicóptero. Tamén se desprazaron á zona axentes da Policía Local e Garda Civil. O segundo conato de incendio declarouse ás 11:49 en San Cibrán e deuse por controlado ás 12:59, afectando a unha superficie de 0,1 hectáreas de monte raso. Mobilizáronse 1 axente, 3 brigadas, 2 motobombas e 2 avións.