Falece Ramón González, ex directivo do Gondomar Club de Fútbol

Este venres faleceu Ramón González González aos 85 anos de idade. Directivo do Gondomar Club de Fútbol durante moitos anos, tamén foi membro da Comisión de Festas de San Bieito e axudaba á parroquia en Semana Santa, un home moi querido na vila de Gondomar. Os seus restos mortais sairán este sábado, día 12 de setembro, ás 16:15 da tarde desde o Tanatorio do Miñor en Sabarís dirección á igrexa parroquial de San Bieito en Gondomar, onde se celebrarán os funerais ás 16:30 horas. A continuación terá lugar o enterro no cemiterio municipal.