“Baiona te engancha”, a nova imaxe de marca da vila mariñeira

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, presentou esta mañá a imaxe de marca da Vila en “un esforzo por dar resposta ás novas esixencias do mercado, unha marca que defina o noso destino, orientada ao turismo obxectivo que queremos atraer”. Co slogan “Baiona te engancha” o Goberno municipal pretende alcanzar a sustentabilidade turística para a Vila e atraer a un visitante de calidade que para Gómez “é máis rendible no económico, pero tamén para a convivencia e para o medio ambiente”.

O símbolo e o slogan discorren cómplices cara ao público: “Entrelázanse o B de Baiona co corazón emocional e o anzol, que che atrapa a un pobo mariñeiro”, explicou Gómez Prado. No acto de presentación da marca, o alcalde asegurou que “Baiona ten os recursos e o tamaño perfecto para facer política turística con maiúsculas, para traballar sobre un gran proxecto que implique e profesionalice a todos os axentes, ao redor dun dos negocios máis importante da historia do municipio: o turismo”.

Para Gómez Prado alcanzar a sustentabilidade turística pasa por “mellorar a profesionalidade do sector, implantando estándares de calidade no servizo e en todo o municipio, creando e mantendo unha oferta complementaria ampla e diversificada, de xeito que se manteña durante todo o ano”.

PÁXINA WEB RENOVADA

A marca “Baiona te engancha” vai ligada a un avance tecnolóxico promovido polo Goberno que encabeza Gómez Prado, coa oferta dunha nova páxina web, que en breve poñerase ao dispor de todos os veciños e veciñas, e a través da que poderán informarse, ter contacto directo cos cargos políticos e axilizar trámites coa administración.