Sin categoría

As curtametraxes do Festival de Cans 2020 proxéctanse este sábado en Nigrán

O Concello de Nigrán e Cine Club Val Miñor “Alice Guy” ofrecen este sábado 12 de setembro unha selección de curtametraxes do Festival de Cans 2020. Levarase a cabo en dous bloques, o primeiro dende as 19:15 horas e o segundo dende as 21:00 horas.

As producións que concursaban nas seccións de ficción e animación do Festival de Cans chegan a Nigrán este fin de semana. O proxecto chámase Cans Expandido e pretende aumentar a visibilidade dos filmes pola redución de aforo que tivo que aplicar a organización ante a pandemia do COVID19.

Entre as películas están “Xoves de comadres”, de Noemí Chantada, gañadora de catro galardóns, e “16 de decembro”, de Álvaro Gago, con dous premios.

“O Concello de Nigrán colaborou este ano co Festival de Cans cedendo as “mochilas vibratorias” para persoas xordas nos seus concertos e este é un paso máis para achegarnos ao festival de cine máis importante de Galicia”, afirma el alcalde, Juan González.