Curso gratuíto da Universidade de Vigo en Gondomar

O Concello de Gondomar e a Universidade de Vigo poñen en marcha en setembro e outubro o programa formativo: “Mareas de coñecemento e experiencia”, dirixido a maiores de 50 anos e totalmente gratuíto. O curso consistirá en 15 horas, repartidas en tres seminarios que abordarán cuestións como: “Saúde e Benestar, Arte e Historia e, Tecnoloxía e uso das ferramentas no teléfono móbil”. O prazo de matriculación está aberto e poderase formalizar a inscrición no teléfono 986 384 020 ou no e-mail emprego@concellodegondomar.gal.