Un ouro, dúas pratas e un bronce para a baionesa Andrea Pais

As pistas da Universidade da Coruña acolleron esta fin de semana os Campionatos de Galicia Absolutos, Sub23, Sub20, Sub18 e de Combinadas. A baionesa Andrea Pais Rodríguez conseguiu un total de 4 medallas, subindo ao podio nas catro probas nas que participou. A deportista do Atletismo Feminino Celta fíxose co ouro en Sub23 e o bronce en Absoluto nos 100 metros, cun rexistro de 12.51, e con senllas medallas de prata en Sub23 e Absoluta nos 200 metros, cun tempo de 25.62.