Gondomar clausura o minicampamento de igualdade “Cocreando”

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, despidiu aos participantes no minicampamento de igualdade “Cocreando”. Os campamentos, organizados pola Concellería de Igualdade e financiados pola Deputación Provincial de Pontevedra, tiñan como obxectivo alentar o pensamento crítico en nenas e nenos, facéndose cuestionar, a través de xogos e actividades divertidas, os roles establecidos na sociedade por razón de sexo. O campamentos desenvolvéronse no mes de agosto en dúas quendas cun máximo de 15 participantes en cada unha delas, e sempre cumpríndose as medidas hixiénico-sanitarias ditadas polas autoridades competentes.