Este mércores 2 de setembro ás 17:00 horas haberá unha xornada de portas abertas na escola da Agrupación Musical de Vincios (Rúa Mestra Dona Lola s/n, Vincios-Gondomar). Enfocado a toda a familia (adultos e nenos), o evento permitirá coñecer o traballo que se realiza na escola e fomentar as matriculacións de cara ao próximo curso.
De cara a respectar o aforo e as medidas relacionadas co Covid-19, os interesados deben confirmar a súa asistencia enviando un WhatsApp a un dos seguintes números: 680 25 03 09 ou 669 34 84 73. Tamén poden enviar un correo electrónico a amdvincios@gmail.com. Tal e como establece a lexislación vixente, a máscara será de obrigado uso.

