Sin categoría

“Galdós, quién mató a Prim”, a nova novela de Fernando Bartolomé Benito

No Centenario da morte de Galdós nova documentación está ao dispor do investigador afincado en Baiona Fernando Bartolomé Benito (A revista Ahora, os textos persoais do conde de Romanones, os papeis memoriais de José Luis Albareda, etc.). De todo iso serviuse para a súa nova novela “Galdós, quién mató a Prim” (Ediciones Beta III Milenio), así como textos históricos novos sobre as batallas de Rande, Almansa e Gibraltar coas que desexaba comezar os Episodios Nacionais. O libro presentouse este venres no Casino de Sabarís, durante o acto de entrega do I Premio Xornalístico Enrique Guerrero Serrano, convocado pola Asociación Cultural Espazo Aberto do Val Miñor.

Un inexperto e mozo Galdós chega a Madrid en 1862; desde o primeiro día aborrece a carreira de Dereito pero a capital apaixónao cos seus barrios chispeiros, os faladoiros dos cafés… O xornalismo político será máis a súa paixón que o seu oficio naqueles anos de revolucións violentas que anticipan a República. Galdós cubrirá o masacre da Noite de San Daniel e a sublevación dos sarxentos do cuartel de San Gil, rebelións cruentas previas á Gloriosa e ao magnicidio de Prim. Nunca mellor cumpriuse a frase de Shakespeare: o pasado é o prólogo do que ha de vir. De todo levantou testemuño, mentres na súa mente ía diseccionando a sociedade española como materia novelable.

Desde este pano de fondo, dacabalo da biografía e a Historia, móvese a narración poliédrica de Fernando Bartolomé na que o asasinato do Xeneralísimo Prim e a súa posterior e opaca investigación oficial, máis a levada en paralelo por Galdós, conforman un thriller de gran nervadura e constitúen a améndoa da novela que corre en paralelo co deseño do que ía ser o seu primeiro Episodio Nacional. Un final inesperado e singular pon epílogo á peripecia do novo escritor canario do que celebramos neste ano pandémico o desvaído centenario da súa morte. Unha vez máis outra sorte merecía o incómodo Galdós!

Fernando Bartolomé, aragonés aínda que miñorano de adopción, é Catedrático de Lingua española e Literatura. Editor, conferenciante e estudoso da cultura e a historia do Século de Ouro, compaxina a crítica e a investigación histórica coa creación literaria.

Estudos:

Símbolos y emblemas en la poesía de Fray Luis de León; El Barroco literario aragonés; El universo simbólico en la Oda IX de Fray Luis; La presencia del satanismo en el primer Valle-Inclán; Goya, príncipe del estrago; El Virrey Sarmiento de Valladares y los Galeones de Rande; Talco Negro. Pasión y Muerte de Miguel Hernández.

A serie sobre o Conde de Gondomar:

  • Don Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar. El Maquiavelo español.
  • El rosal quebrado. Andanzas londinenses del Conde de Gondomar.
  • Gondomar versus Raleigh. El águila hispana vence al dragón inglés.
  • Relación breve y apasionada de la vida y hechos de Don Diego Sarmiento Acuña. Capitán de Bayona. Conde de Gondomar. Gobernador de Galicia.
  • Una página oscura de la Historia. Cuando Inglaterra vendió su artillería al Conde de Gondomar.
  • El águila española vence al dragón inglés. El triunfo de Gondomar sobre Raleigh y su recepción literaria en España.
  • La sal y el azufre. La subversión de la imagen del embajador Gondomar en la literatura panfletista inglesa del XVII.

Novelas:

  • Disuelta en humo. El final de la Guerra Civil en clave de novela negra.
  • Amadís. La verdadera historia del héroe caballeresco.
  • Matar a un rey. La aventura de Gracián y Lastanosa en la turbulenta España de Felipe IV.

Relatos:

  • Ceniza, Ediciones Beta, 2009.
  • El último congreso y otros cuentos impopulares…

Publicacións:

  • Antología poética de Francisco de Quevedo.
  • Edición crítica de El Nuevo Mundo descubierto por Cristóbal Colón, comedia inédita de Lope de Vega.