Sin categoría

O Rei Midas presenta o espectáculo “De principio a fin” no barrio de Sancho en Panxón

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial do verán, acolle este sábado ás 19:00 horas no barrio de Sancho (Panxón) a estrea do último espectáculo do mago Rei Midas “De principio a fin” con motivo da festa de “San Juan Degollado”. O prestidixitador realizará un show baseado nos mesmos números das videochamadas que fixo aos nenos que estiveron de aniversario durante o confinamento e aos que o Concello agasallou deste xeito.

Tras máis de “150 aniversarios de balcón” organizados polo Concello durante o estado de alarma, moitos nenos quedaron coas ganas de ver o show en directo, tanto os que o disfrutaron mediante videochamada como os que non. O Rei Midas pecha así a súa xira de verán polas parroquias ofrecendo este espectáculo.