Boiro acolle os Campionatos de España individual e de parellas femininos de bolo celta

O próximo fin de semana celebraranse en Boiro (A Coruña), os Campionatos de España individual e de parellas femininos de bolo celta. Participarán xogadoras das comunidades de Asturias e Galicia. O campionato individual dará comezo o sábado ás 10 da mañá no parque de A Cachada de Boiro. O campionato de parellas xogarase o domingo á mesma hora. Este campionato será organizado pola Federación Galega de Bolos en colaboración co Concello de Boiro e o patrocinio da Federación Española de Bolos.