O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Medio Ambiente, distribuirá preto de 3000 dípticos que lembran a obrigación da veciñanza de manter limpas as súas propiedades para evitar que os incendios poidan achegarse a zonas habitadas, máxime nestes meses de máximo risco.
“O díptico, recolle de forma gráfica e clara, as distancias mínimas que deben manterse entre as masas arbóreas e novas plantacións nos diferentes ámbitos nos que é responsabilidade dos veciños a limpeza; así como facendo fincapé no recollido no Plan Municipal contra incendios forestais que o concello vén de aprobar como unha ferramenta básica de aplicación no eido municipal”, lembra o concelleiro responsable, Brais Misa.
“Queremos facilitar a información necesaria á veciñanza e lembrarlle a súa responsabilidade na loita contra os incendios forestais. É un traballo común, de toda a sociedade e non só das administracións, e temos que lograr entre uns e outros, manter e isto sexa unha realidade social, e que entre todos o conseguiremos”, afirmou o alcalde.


